Camelia williamsii 'Debbie'

Camelia williamsii 'Debbie'

Camelia williamsii 'Debbie'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: en inverno e na primavera

Orixe: Nova Zelandia, a partir do cruzamento entre C. saluenensis x C. japonica 'Debutante'

Porte: arbusto ou árbore ramificada e non demasiado frondosa

Follas: lanceoladas, de 7 cm de longo e 5 cm de ancho, de cor verde clara

Flor: grandes, de ata 10 cm de diámetro, e de cor rosa moi brillante; de forma semidobre formal a peonia aberta e ocasionalmente anemone. Teñen moitos petaloides mesturados cos pétalos e algúns estames raramente visibles

Outros datos: ten unha floración moi rechamante polo contraste entre a cor verde clara das follas e a rosa brillante das flores, e abarca de xaneiro a maio

Utilidades: é unha variedade moi valorada como ornamental. Recibiu o Premio ao Mérito da Royal Horticultural Society (Real Sociedade de Horticultura) en 1971. O seu sport 'Debbie Variegated' ten idéntica forma e cor, pero con manchas brancas nos pétalos

Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes, tanto formais coma informais