Camelia xapónica 'Ballet Dancer'

Camellia japonica 'Ballet Dancer'

Camelia xapónica 'Ballet Dancer'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no inverno e na primavera

Orixe: orixinada en EUA por Nuccio’s Nurseries, en 1960.

Porte e altura: arbusto denso e compacto, de crecemento medio e porte erguido.

Follas: cor verde media brillante, de tamaño medio e forma elíptica a lanceolada, coa marxe dentada e co ápice acuminado.

Flores: grandes, duns 13,5 cm de diámetro, forma de peonia, con 10 a 14 pétalos, redondeados os externos e máis estreitos e ondulados os internos, de cor branca crema que se esvaece a rosa coral cara á marxe. Os petaloides mestúranse cos pétalos centrais e cos estames.

Outros datos: ten unha floración moi longa, que empeza en decembro e termina a finais de abril ou maio.

Usos e curiosidades: é moi valorada como planta ornamental. Foi nomeada polo propio profesor Eben Gowrie Waterhouse. Recibiu o Premio ao Mérito da Real Sociedade de Horticultura en 1976 e o Premio ao Mérito en Xardinería en 1993.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes.