Camelia xapónica 'Jaspeada'

Camellia japonica 'Jaspeada'

Camelia xapónica 'Jaspeada'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: no inverno e na primavera

Orixe: orixinado por José Diego Maciñeira no pazo Torre de Lama, Mañón (A Coruña)

Porte: arbusto denso, de porte aberto e crecemento medio

Follas: elípticas, de 10 a 11,5 cm de longo e de 5 a 6 cm de ancho, escuras, coa marxe dentada ou serrada e co ápice acuminado

Flor: de tamaño medio, de 9 cm de diámetro, de forma de peonia a forma de rosa, de cor rosa clara raiadas e punteadas de rosa forte. Ten de 80 a 100 pétalos de formas variables, irregulares, redondeados ou elípticos, e coa marxe irregular, ondulada, lisa ou incisa

Outros datos: a floración é longa e abundante; as primeiras flores comezan a aparecer en decembro e permanecen ata abril

Utilidades: aseméllase a 'Arcozelo' na forma de abrir a flor

Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma