Pitósporo rizado (cast. pitósporo rizado)

Pittosporum tenuifolium Banks & Sol. Ex Gaertn.

Pitosporo rizado

Familia: Pittosporaceae

Arbusto perennifolio

Orixe: Nova Zelandia.

Porte e altura: pode acadar os 5 m de altura; copa máis ou menos redondeada.

Follas: oblongas ou elíptico-obovadas, co ápice apuntado-redondeado, coa marxe ondulada, de cor verde pálida brillante, de textura coriácea e dispostas de forma alterna.

Flores: solitarias ou en pequenos grupos, dispostas nas axilas das follas, pequenas, de cor entre vermello e púrpura, moi aromáticas. Florecen na primavera.

Froito: cápsula globosa, leñosa e con tres valvas.

Outros datos: a súa cortiza é agrisada e rugosa.

Utilidades e curiosidades: árbore ornamental usada como planta illada, en macizos arbustivos, para formar aliñacións ou sebes. Cultívase polas súas flores de cor avermellada-púrpura e pola súa follaxe ondulada. As follas empréganse con frecuencia como verde de corte en florerías. Existen dous cultivares moi usados en xardinería: ‘Purpureum’ e ‘Variegatum’.

Necesidades e cultivo: prefire chans ben drenados, neutros ou algo ácidos e sombra parcial. Soporta ben o frío se non é moi intenso e a falta de auga, e admite a poda.