Luis López recoñece o traballo do Rotary Club de Pontevedra para loitar contra a polio na recepción oficial á presidenta Carmen Solla

24/10/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñeceu o traballo que está a realizar o Rotary Club de Pontevedra para loitar contra a enfermidade da poliomielite (polio) nunha recepción oficial a Carmen Solla, presidenta da entidade, que acudiu ao Pazo Provincial acompañada por membros da súa xunta directiva con motivo da conmemoración, este 24 de outubro, do Día Mundial contra a Polio.

O mandatario provincial coñeceu de primeira man as iniciativas que esta organización internacional leva a cabo para loitar contra este mal e aquelas ás que contribúen as e os rotarios da provincia.