#CULTURA

+Música

Promoción da música galega e en galego

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “+Música” co fin de apoiar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.


A través do catálogo de grupos de “+Música”, poñerase á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes actuacións de grupos e artistas musicais profesionais que nas súas actuacións levan a cabo interpretacións e composicións en lingua e de autoría galegas.

Con este programa, perséguese contribuír ao fomento da nosa cultura e da nosa lingua e promover a reputación da nosa provincia como destino cultural.

  • Creación do catálogo de grupos
    • Bases (BOPPO 09/11/2022)
    • Actualización das bases (BOPPO 02/02/2024)
    • Prazo de inclusión, baixa ou modificación de datos no Catálogo de grupos + Música do 15 de novembro ata o 1 de decembro de cada ano natural
  • Solicitude de actuacións
    • Bases (BOPPO 10/02/2026)
    • Solicitude de grupos acollidos, do 20 de febreiro ao 5 de marzo de 2026 en sede.depo.gal
    • Actuacións a realizar dende o 15 de abril ó 31 de decembro de 2026