A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa na presentación do II Molis Legend de CrossTraining en Mos

19/03/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde xunto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na presentación da II edición do Molis Legend, a competición internacional de CrossTraining, organizada polo ximnasio mosense Molis Box, que conta co patrocinio da institución provincial. 

A competición celebrarase esta vindeira fin de semana, os días 23 e 24 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro coa participación de 500 atletas chegados de España e Portugal, 50 membros en staff e 7 eventos e categorías diferentes.