A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste a segunda eliminatoria da Copa do Rei de balonmán entre o Valinox Novás e o Cisne

19/03/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido de balonmán entre o Valinox Novás e o Club Cisne Colexio Los Sauces, que tivo lugar no pavillón municipal do Rosal, no que a afección dos dous conxuntos estivo cos xogadores. Ambos os equipos enfrontábanse na segunda eliminatoria da XLIX Copa do Rei, coa mirada posta na terceira ronda da competición.