A Deputación destina 730.000 euros a avanzar nos proxectos de transformación dixital dos concellos de menos de 20.000 habitantes

O Goberno provincial integrará os sistemas de Administración electrónica de 45 concellos coa Carpeta Cidadá do Estado e ampliará a estrutura de almacenamento de alta capacidade

17/11/2023

membros da Xunta do Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á contratación de dous novos proxectos de transformación dixital dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, aos que destinará un total de 730.000 euros. En concreto, 530.000 euros permitirán contratar a integración dos sistemas de Administración electrónica dos 45 concellos que o solicitaron a través da Carpeta Cidadá da Administración do Estado, a plataforma tecnolóxica que lle permite á cidadanía acceder de forma sinxela e rápida a diferentes tipos de información relacionada cos seus trámites.

Por outra banda, destinaranse 200.000 euros para incorporar nos equipos de almacenamento xa existentes nos centros de procesado de datos (CPD) unha nova infraestrutura de alta capacidade e rendemento para acoller as novas ferramentas que se porán en marcha ao abeiro deste programa, coma a plataforma de videoactas e retransmisión de plenos. Cómpre lembrar que este proxecto, ao que se adheriron 50 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, está financiado con 2,5 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation e está formado por cinco liñas diferentes.  

 

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.