Luis López anuncia que a Deputación apoiará a realización dos partidos internacionais das seleccións de balonmán na provincia

A selección absoluta feminina medirase ao combinado de Acerbaixán o 7 de abril no Porriño e a masculina enfrontarase a Serbia o 8 de maio en Lalín

18/03/2024

Conferencia de prensa de Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de informar que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación do patrocinio para a realización na provincia de dous partidos oficiais internacionais das seleccións absolutas masculina e feminina de balonmán esta primavera. En concreto, tal como sinalou López, “destinaremos 179.000 euros que permitirán que se leven a cabo os encontros no Porriño o 7 de abril e o próximo 8 de maio en Lalín”.

Esta colaboración da Deputación coa Federación Galega de Balonmán, asegurou o presidente provincial, enmárcase no “noso obxectivo de seguir fomentando, promovendo e difundido o deporte, e tamén colaborando cos municipios para chegar a todos os recunchos da provincia”.

As Guerreiras, nome co que é coñecida a selección absoluta feminina, mediranse ao combinado de Acerbaixán nun encontro clasificatorio para o Campionato de Europa 2024 que terá lugar o 7 de abril no Porriño. Pola outra banda, os Hispanos, alcume da selección absoluta masculina, enfrontaranse o 8 de maio a Serbia en Lalín no choque de ida dunha eliminatoria na que estará en xogo o billete para o Campionato do Mundo masculino do próximo 2025.

audios

Novas relacionadas

{"classPK":7940511,"groupId":"37861","name":"20240402_ruedaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"A Deputación destina 180.000 euros á Federación Galega de Balonmán ","title":"20240402_ruedaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"b1222370-bdbd-6065-0155-105483834f9d","fileEntryId":"7940511","resourcePrimKey":"7940526"}

A Deputación destina 180.000 euros á Federación Galega de Balonmán para a realización na provincia dous partidos internacionais das seleccións absolutas de balonmán

  02/04/2024

{"classPK":7716075,"groupId":"37861","name":"20240321_CriteriumGustavoDacal-2.jpg","alt":"Luis López, participou este xoves na presentación do criterium Gustavo Dacal","title":"20240321_CriteriumGustavoDacal-2.jpg","type":"document","uuid":"663b804a-c0bb-7635-9f56-1afafb5faa22","fileEntryId":"7716075","resourcePrimKey":"7716139"}

Luis López destaca a suba dun 10 % nas axudas a deportistas de alto nivel como mostra do respaldo da Deputación a grandes embaixadores da provincia

  21/03/2024

{"classPK":7699534,"groupId":"37861","name":"240316PartidoBalonmanoGuardesPorrino.jpg","alt":"Derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño","title":"240316PartidoBalonmanoGuardesPorrino.jpg","type":"document","uuid":"6c673592-e1e3-d618-b55e-30e0a14d4675","fileEntryId":"7699534","resourcePrimKey":"7699553"}

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, presencia o derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño

  16/03/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.