Luis López destaca a suba dun 10 % nas axudas a deportistas de alto nivel como mostra do respaldo da Deputación a grandes embaixadores da provincia

O presidente provincial enxalzou o labor do Club Atletismo Rías Baixas para fomentar o deporte de base e a capacidade de superación do campión nacional de lanzamento de xavelina na presentación desta nova competición que tivo lugar este xoves no CGTD

21/03/2024

Luis López, participou este xoves na presentación do criterium Gustavo Dacal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves na presentación dunha nova competición deportiva na que destacou o apoio que lles brinda o organismo provincial ás e aos deportistas da provincia en forma de subvencións. O dirixente resaltou que as axudas para deportistas de alto nivel incrementáronse este ano nun 10 % e pasaron desde os 250.000 ata os 275.000 euros. Ademais, ao ser ano olímpico, convocarase unha nova subvención para olímpicos e paralímpicos dotada con 125.000 euros. “Organizamos competicións deportivas de gran calado e tamén axudamos aos nosos deportistas de alto nivel”, remarcou o titular do Goberno provincial.

Así mesmo, Luis López confirmou o apoio da Deputación á organización da primeira edición do Criterium Gustavo Dacal como unha nova mostra do compromiso do Goberno provincial co fomento da actividade física, co apoio aos clubs e coa inclusión. Trátase dunha competición promovida polo Club Atletismo Rías Baixas que se realizará o vindeiro sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. “O apoio da Deputación á primeira edición deste Criterium Gustavo Dacal non pode faltar, sería ir en contra dos nosos principios”, confirmou Luis López, quen reiterou a man tendida do seu Goberno para cooperar co tecido deportivo da provincia en eventos deste tipo, que promoven o deporte entre persoas de todas as idades e fomentan a inclusión das persoas con discapacidade.

A competición, que terá lugar na quenda de tarde, consistirá nun conxunto de probas de lanzamento adaptado para deportistas internacionais, aínda que tamén poderán participar atletas federadas e federados a partir de 16 anos de idade e atletas de deporte adaptado. Así mesmo, para menores de 14 anos haberá unha carreira curta. A organización prevé a participación de, aproximadamente, 300 atletas entre todas as diferentes disciplinas do programa de competición.

Durante a presentación, Luis López destacou o traballo que se realiza no CGTD e tamén o labor do Club Atletismo Rías Baixas na promoción do deporte de base. Con todo, Luis López quixo facer unha mención especial a Gustavo Dacal, co que mantén unha estreita relación a raíz da súa enfermidade e traslado desde México a Galicia. “Agora todo o seu coñecemento e todo o que el supón pono á disposición de toda a xuventude. É un exemplo, foino cando foi campión de España dez veces e éo agora por ese espírito de sacrificio que demostrou e pola visibilidade que lle dá ao deporte que practica”, agradeceu o presidente.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":7710514,"groupId":"37861","name":"20240320_luisa-sanchez_jesus-v-almuiña_minibasket-cb-baiona.jpg","alt":"Luisa Sánchez, participou hoxe xunto co alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña, na presentación da XV edición do Torneo de Minibasket","title":"20240320_luisa-sanchez_jesus-v-almuiña_minibasket-cb-baiona.jpg","type":"document","uuid":"5cc03929-bb46-8a4a-5549-e7e72cc8c419","fileEntryId":"7710514","resourcePrimKey":"7711636"}

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, exemplifica no Torneo de Minibasket a importante aposta do Club Baloncesto Baiona polo deporte base

  20/03/2024

{"classPK":7704113,"groupId":"37861","name":"20240318_Ciclismo_01.jpg","alt":"Luis López na reunión de traballo do campionato","title":"20240318_Ciclismo_01.jpg","type":"document","uuid":"a7e41f74-aeae-ef1d-97e6-08219a846eb9","fileEntryId":"7704113","resourcePrimKey":"7704167"}

Luis López destaca o apoio ao Campionato de Europa de Ciclocrós como exemplo da aposta da Deputación polos grandes eventos deportivos

  18/03/2024

{"classPK":4181620,"groupId":"37861","name":"Deputacion-provincial-10.jpg","alt":"Deputación de Pontevedra","title":"Deputacion-provincial-10.jpg","type":"document","uuid":"d6985dc8-a68b-1e40-74ba-904a3feb75df","fileEntryId":"4181620","resourcePrimKey":"7701274"}

Luis López anuncia que a Deputación apoiará a realización dos partidos internacionais das seleccións de balonmán na provincia

  18/03/2024