A Deputación aproba achegas por valor de case 210.000 euros para Tui e Cerdedo-Cotobade

O presidente Luis López destaca que ambos municipios poderán financiar con estas axudas diversas obras de recuperación e reparación de infraestruturas públicas

22/09/2023

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar novos recursos por preto de 210.000 euros que beneficiarán aos concellos de Tui e Cerdedo-Cotobade. Como explicou o presidente provincial, Luis López, trátanse de recursos “destinados a mellorar a calidade de vida das persoas, a través da recuperación e reparación de infraestruturas e dotacións públicas de grande uso entre a cidadanía” e, deste xeito, insistiu en que “non podía ser doutro xeito, porque os concellos son o obxectivo prioritario deste Goberno da Deputación de Pontevedra”.

Do citado investimento, un total de 140.000 euros destinaranse ao concello de Tui, que poderá arranxar danos nos pasos sobre a Regueira do Cotarel, a Regueira da Fonte Febreiro e no pantalán da praia fluvial de Areeiros, así como solucionar os afundimentos de pavimentos no Centro de Remo e Piragüismo.

Os restantes 70.000 € destínanse a Cerdedo-Cotobade, para realizar obras nas parroquias de San Xurxo e Santa María de Sacos, Borela, Caroi, en Loureiro e no lugar de Quinta. En concreto, en San Xurxo o Concello procederá ao levantamento de muros caídos en Lombo de Muíño, Cutián, e no acceso á Paraxe de Penido, en Outeiro, mentres que na parroquia de Santa María de Sacos levantaranse tamén muros caídos na Vila de Arriba, do mesmo xeito que se fará na Brea, en Borela. Por outra banda, no lugar de Quinta, arranxarase o muro da Esbarrela, danado con fendas que supoñen un risco de caída; en Bouza do Home, en Caroi, repararanse afundimentos puntuais na Pontella e en Frade, Loureiro, repararase o acceso a un grupo de vivendas.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.