A Deputación conta cun novo aparcadoiro de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes e sitúase na parte traseira do edificio

18/04/2024

Luis López recorreo o CAAN acompañado do presidente da Xunta de Galicia

A Deputación de Pontevedra pon desde hoxe á disposición do seu persoal e da cidadanía da cidade de Pontevedra un novo aparcadoiro de bicicletas situado na parte traseira do Edificio Administrativo, na contorna do parque das Palmeiras. A nova instalación está formada por cinco aneis, que permiten asegurar de maneira simultánea un total de dez bicicletas, tanto convencionais coma eléctricas, para así minimizar o risco de roubo.

En concreto, un aparcabicis foi instalado pola empresa Setga, o cal está conformado por cinco aneis que alcanzan os 75 centímetros de altura. Fabricados con aceiro inoxidable, estes destacan polo seu comportamento fronte á corrosión, polo que teñen unha gran resistencia ante a acción da climatoloxía e do paso do tempo.

Con esta nova instalación, o obxectivo do Goberno provincial é promover e potenciar a mobilidade sostible e saudable, así como o uso da bicicleta para desprazarse pola cidade fronte a outros medios de transporte máis contaminantes, sobre todo nos traxectos curtos. Responde, ademais, á crecente demanda que se está a observar nos últimos tempos por este tipo de instalacións. 

Galerias de imaxes