
#MEDIONATURAL
Árbores senlleiras
Provincia de Pontevedra
Tulipeiros, magnolias, carballos, sobreiras, freixos… Pontevedra é unha provincia onde o azul do mar e as pedras cargadas de historia combinan co verde dos campos, xardíns e arboredos onde medran exemplares únicos que tamén teñen a súa propia historia para contar.
Algunhas destas árbores forman parte do Catálogo galego de árbores senlleiras da Xunta de Galicia (Decreto 67/2007, de 22 de marzo, modificado polo Decreto 10/2015, de 22 de xaneiro).
Teñen a consideración de senlleiras as árbores ou as formacións de calquera especie, tanto autóctona coma foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, e que polas súas características extraordinarias ou destacables coma o seu tamaño, idade avanzada, significación histórica ou cultural, rareza ou beleza son consideradas reliquias botánicas e merecedoras, xa que logo, dunha especial protección e respecto.
Na provincia de Pontevedra contamos na actualidade con 54 árbores e 20 formacións senlleiras de 42 especies botánicas.
Para saber máis: