Dous anos tendendo pontes

Escoitar, entender, atender
2 anos tendendo pontes
O Goberno provincial cumpre dous anos tendendo pontes, unha forma de xestionar baseada nunha fórmula: escoitar as achegas de cada cidadá e cidadán, colectivo e administración; entender as suxestións e demandas recibidas sempre con visión de provincia, alén de distribuír os recursos públicos; e atender a todas as persoas que o precisen.
Neste tempo realizáronse máis de 4.530 actos de goberno, 1.200 deles encabezados polo presidente Luis López, e preto de 400 visitas a concellos. Unha presenza que segue a filosofía de facer investimentos e mellorar servizos nos 61 municipios, percorrer o territorio e contar o que acontece.
Ademais, esta nova forma de gobernar desenvolveu seis piares fundamentais a partir da experiencia de escoitar, entender e atender. A atención aos concellos, con máis de 235 millóns de euros investidos en máis dun milleiro de obras, é un dos grandes fitos deste período. O movemento veciñal, con apoio económico a 800 colectivos da provincia, representa outro dos eixes estratéxicos. Tamén o é a consolidación de Pontevedra como provincia do deporte polo grande apoio a eventos e deportistas, así como a promoción do territorio atendendo as singularidades da costa e do interior. A descentralización de actividades como medida fronte ao reto demográfico e a cultura como selo de identidade e elemento chave que chega a todas as contornas completan este modelo, que inicia agora o terceiro ano.
Neste espazo tes dispoñible en vídeo o acto íntegro dos 2 anos tendendo pontes, que tivo lugar en Vigo, e podes coñecer polo miúdo o resultado da xestión nos 730 primeiros días do mandato.
Documentos
Novas
O goberno de Luis López destina máis de 27 millóns de euros á promoción económica da provincia e ao impulso do emprego
14/07/2025
O goberno de Luis López destina en dous anos preto de 20 millóns de euros ao Medio Ambiente, ao desenvolvemento do medio rural e á mellora dos cultivos e especies vexetais da provincia
13/07/2025
O goberno de Luis López mobiliza preto de 21 millóns de euros para a Cooperación Transfronteiriza e o impulso de proxectos europeos
12/07/2025
O goberno de Luis López destina máis de 4 millóns de euros ao impulso da igualdade e á loita contra a violencia de xénero
11/07/2025
O goberno de Luis López destina en dous anos 2,5 millóns de euros a impulsar programas, plans e iniciativas dirixidas á xuventude da provincia
10/07/2025
O goberno de Luis López destina en dous anos 8,2 millóns de euros ao movemento asociativo e veciñal da provincia
09/07/2025
O goberno de Luis López destina en dous anos preto de 13 millóns de euros para o benestar social da provincia
08/07/2025
O goberno de Luis López destina en dous anos máis de 40 millóns de euros a manter en óptimas condicións a rede de 1.700 quilómetros de estradas provinciais
07/07/2025
O goberno de Luis López destina 8 millóns de euros en dous anos á dinamización cultural da provincia de Pontevedra
06/07/2025
O goberno de Luis López impulsou en dous anos iniciativas turísticas por valor de preto de 13 millóns de euros que converteron a provincia nun destino máis internacional e desestacionalizado
05/07/2025
O goberno de Luis López converteu Pontevedra, cun investimento de 27,3 millóns de euros, na provincia do deporte
04/07/2025
O goberno de Luis López investiu en dous anos 235 millóns de euros que se traducen en máis dun milleiro de obras nos concellos da provincia
03/07/2025