A Deputación de Pontevedra revalida o seu apoio á feira Etiqueta Negra

29/10/2024

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro, Javier Tourís, acaba de participar no Recinto Feiral de Pontevedra no acto de presentación da oitava edición da feira Etiqueta Negra. Trátase, en palabras de Tourís, “da gran cita co gourmet galego” na que participará a institución provincial a través dun stand onde divulgará a marca TéAreeiro, obtido con brotes e follas de Camelllia sinensis. “O noso obxectivo é dar a coñecer o té autóctono da provincia de Pontevedra e impulsar a produción desta bebida como oportunidade para diversificar e promover o desenvolvemento de Pontevedra e frear o despoboamento no rural”, subliñou.

O deputado tamén aproveitou a ocasión para destacar a calidade dos produtos gastronómicos de Galicia, concretamente da provincia de Pontevedra. “Temos produtos que mesmo se converteron en embaixadores e toman o nome de pobos, vilas e cidades”, asegurou ao tempo que incidiu no impacto da “actividade ligada á gastronomía na economía do noso territorio”. Por estes motivos, segundo indicou Tourís, a Deputación apoia Etiqueta Negra, “un evento que permite construír máis provincia e no que poderemos saborear os nosos marabillosos produtos e sentir no padal a provincia de Pontevedra na súa tradición e vangarda”.

Novas relacionadas

{"classPK":15829898,"groupId":"37861","name":"20260521_areeiro_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López inaugura un anfiteatro en Areeiro para achegar ao público a realidade do sector primario e o labor de innovación que realiza a Estación para potenciar o seu futuro","title":"20260521_areeiro_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"59ea9fb8-f1f6-2240-a956-4b8c13cf1e07","fileEntryId":"15829898","resourcePrimKey":"15829842"}

Luis López inaugura un anfiteatro en Areeiro para achegar ao público a realidade do sector primario e o labor de innovación que realiza a Estación para potenciar o seu futuro

  21/05/2026

{"classPK":13819171,"groupId":"37861","name":"20251022_etiquetanegra_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López na presentación da feira Etiqueta Negra","title":"20251022_etiquetanegra_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"3395b4f2-76a9-1cd8-94aa-579422c03b6c","fileEntryId":"13819171","resourcePrimKey":"13819217"}

Luis López recoñece a valiosa achega de feiras como Etiqueta Negra para avanzar na desestacionalización do turismo a través da gastronomía

  22/10/2025

{"classPK":11974691,"groupId":"37861","name":"20250117_javier-touris_pepe-solla_teareeiro.jpg","alt":"Deputación e Pepe Solla posta en valor TeAreeiro","title":"20250117_javier-touris_pepe-solla_teareeiro.jpg","type":"document","uuid":"607e0186-2b89-0cb4-cb98-5e6636a0159e","fileEntryId":"11974691","resourcePrimKey":"11974807"}

A Deputación e o cociñeiro con estrela Michelin Pepe Solla alíanse para avanzar na posta en valor da marca TéAreeiro

  17/01/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.