A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, entrega os premios do XV Torneo Minibasket do Club Baloncesto Baiona

24/03/2024

Torneo minibasket Baiona

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e responsable de Deportes, Luisa Sánchez, participou esta tarde xunto co alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuiña, no pavillón municipal desta localidade pontevedresa no acto de entrega dos premios do Torneo Minibasket organizado esta fin de semana polo Club Baloncesto Baiona e coa colaboración da institución provincial. A competición saldouse coa participación de arredor de 450 baloncestistas alevíns, desde o concurso de tiros por parellas que tivo lugar o venres, pasando pola fase de grupos o sábado e finalizando hoxe coas eliminatorias e as finais feminina e masculina.

Na presentación do torneo, a vicepresidenta lembrou que “o deporte base é un dos eixes estratéxicos sobre os que pivota a política deportiva da Deputación de Pontevedra”. Luisa Sánchez tamén felicitou o club polas súas iniciativas neste ámbito, co torneo como o gran referente, e polos seus éxitos no deporte federado.

 

Galerias de imaxes