Luis López dá o tiro de saída ás festas do Nadal co acendido das luces no Pazo provincial

01/12/2023

acendido das luces no Pazo provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, inaugurou esta tarde a programación do Nadal do ente provincial na cerimonia de acendido do alumeado ornamental da sede da Deputación, que xa loce engalanada cun abeto de grandes dimensións e adornos típicos destas datas. Despois de dar o tiro de saída ao acendido das luces, o mandatario provincial compartiu unha chocolatada coa veciñanza que se acercou ao Pazo provincial na avenida Montero Ríos.

Ademais da iluminación do pazo, outros inmobles da Deputación coma a sede de Vigo, as instalacións de Príncipe Felipe, o Museo de Pontevedra, o palacete das Mendoza ou os castelos de Soutomaior e Sobroso tamén lucirán adornos de Nadal. Ao mesmo tempo, o organismo provincial ten preparado un amplo programa de actividades para todos os públicos no castelo de Soutomaior e no Museo de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.