Luis López asiste no Grove ao acto inaugural do sétimo Foro La Toja
02/10/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste na Illa da Toxa, no Concello do Grove, ao acto de inauguración da sétima edición do Foro La Toja. Un evento no que o mandatario provincial saudou á Súa Maxestade O Rei de España Felipe VI antes de asistir á súa conferencia, así como da do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
