Luis López destaca os 8,7M€ mobilizados pola Deputación nos nove concellos de Arousa e O Salnés para executar obras que “levaban anos agardando a súa oportunidade”

O presidente provincial resume nun encontro en Vilagarcía diante de alcaldes dos nove concellos desta comarca os proxectos que está a financiar a Deputación a través do primeiro Plan Extra, do que se benefician os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes

17/12/2025

Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - Arousa e O Salnés

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta os 8,7 millóns de euros mobilizados este ano a través do Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra nos nove concellos das comarcas de Arousa e o Salnés. O mandatario provincial continúa en Vilagarcía a serie de encontros comarcais iniciada en Moraña, que seguiu polo Porriño, A Guarda, Cangas do Morrazo, Mondariz e Ponte Caldelas para facer balance dos proxectos postos en marcha ao abeiro da primeira convocatoria deste novidoso programa que, dotado con 38M€ de euros de orzamento, atendeu o 100 % das solicitudes presentadas beneficiando aos 59 concellos de menos 50.000 habitantes da provincia. “Este proxecto é moito máis ca un simple plan extraordinario de investimentos nos concellos. É un proxecto de provincia no que os concellos achegan as ideas e a Deputación, os recursos para executalas, moitas delas ao 100 %”, definiu Luis López a vocación dun plan que xa ten en marcha a súa segunda convocatoria, que volveu ser un éxito absoluto de concorrencia.

No auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa, diante de rexedores, concelleiros e representantes do tecido veciñal destes nove concellos —Vilagarcía de Arousa, O Grove, A Illa de Arousa, Meis, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia e Vilanova de Arousa— que integran as comarca de Arousa e O Salnés, o presidente da Deputación puxo o foco no carácter estratéxico e transformador dos nove proxectos que están a executarse xa ao abeiro deste Plan Extra, do papel da Deputación para financiar a maior parte das obras, o 100 % nalgúns casos; e na lealdade institucional do executivo provincial para respectar a autonomía dos gobernos municipais á hora de decidir os proxectos a desenvolver. “Co Plan Extra a autonomía dos concellos acada unha nova dimensión ao dotar á Deputación das ferramentas necesarias para facer realidade esa obra tan necesaria e que tantos anos estaba agardando a súa oportunidade nun caixón. Falamos dun proxecto global para os 59 concellos pequenos e medianos, pero todos extraordinarios; que nós convertemos en estratéxico para unha provincia extraordinaria”, afirmou López.

Entre os proxectos beneficiarios das subvencións deste Plan Extra nestas comarcas está o do Concello de Vilagarcía, que recibe 1,1M€ de fondos provinciais a través deste plan de investimentos para a ampliación das piscinas de Fontecarmoa, unha actuación estratéxica e ambiciosa valorada nun total de 3M€ que tamén recibiu financiamento de 1M€ a través doutro plan da Deputación como foi o PON2030. Así mesmo, para o proxecto de Meaño de mellora da mobilidade peonil desde Ponte Dena ata á costa cun orzamento de 943.000€ dos que a Deputación achega 700.000€, e o Concello a cantidade restante. O mesmo ocorre en Sanxenxo, coa aportación de 900.000€ de fondos provinciais para financiar a rehabilitación do edificio multiusos de Portonovo valorada en 1,25M€. En Ribadumia, a achega dos 700.000€ do Plan Extra fai posible a ampliación dos servizos do campo de fútbol e do pavillón, así como a humanización do espazo anexo, unha obra cifrada en 1M€. E en Vilanova de Arousa está en marcha un proxecto cun orzamento de 1,8M€ dos que a Deputación achega 900.000€ para o centro de talasoterapia de Terrón. Nestes casos, os concellos completan cada un dos orzamentos con fondos propios ou con subvencións doutras administracións porque “premiamos a capacidade dos gobernos locais para conseguir recursos doutras administración, sen ningún tipo de cláusula que os penalicen”, puntualizou López.

O +Provincia complementa os investimentos

Sen embargo, noutros casos a Deputación achega o 100% dos investimentos. “A posibilidade de combinar os fondos dos plans +Provincia é do Plan Extra é unha mostra desa flexibilidade e autonomía que propoñemos desde a Deputación e á que recorreron moitos rexedores para financiar as súas obras”, puntualizou Luis López antes entrar ao detalle dos proxectos impulsados a través deste mecanismo. En Cambados, a combinación dos recursos destes dous plans permiten unha inxección de 990.000 euros para financiar o 100 % da reforma e posta en valor do Pazo de Torrado e os seus xardíns. No Grove, a humanización da contorna de Sineiro é financiada ao 100 % polo ente provincial por 717.500 euros. Na Illa de Arousa, achega de 500.000 euros permite a humanización das rúas Marqués de Bradomín, Naval e Alcalde Manuel de Graña. E en Meis, os 483.000 da Deputación fai posible a humanización da Rúa Igrexa desde a Praza de España á estrada EP-9402.

En suma, a primeira convocatoria do Plan Extra da Deputación serviu para mobilizar un total de 8,7 millóns de euros nos noves concellos da comarca de Arousa e O Salnés, dos que o organismo provincial achega 7 millóns. Un revulsivo que terá continuidade o vindeiro ano, porque a segunda convocatoria do Plan Extra vén de pechar recentemente o prazo de presentación de solicitudes e supuxo novamente un completo éxito de participación. “Unha nova demostración da cantidade de proxectos ambiciosos e creativos que os concellos teñen preparados para executar en canto teñen a oportunidade”, dixo López, quen adiantou que no caso destes concellos inclúen un conxunto de seis propostas que suman un investimento total de 10,36M€ que se atopan xa en fase de valoración.

Compromiso cos concellos

A colaboración da Deputación cos concellos pequenos e medianos da provincia resulta crucial para executar proxectos estratéxicos que teñen o obxectivo de mellorar as infraestruturas e os servizos para mellorar a calidade de vida da veciñanza, viva tanto en ámbitos rurais como urbanos. Con todo, a achega do organismo que preside Luis López non se limita unicamente á execución de grandes obras constructivas, tamén promove a actividade cultural, social, turística ou deportiva a través de iniciativas de todo tipo.

“Escoller Vilagarcía para organizar este encontro é moi pertinente”, declarou o presidente para contextualizar a celebración deste encontro nun concello que é un dos motores económicos da provincia e no que a pegada da Deputación está a marcar un antes e un despois nas infraestruturas deportivas. De feito, só no complexo deportivo de Fontecarmoa, o ente provincial investiu preto de 3 millóns de euros para converter esta zona nunha referencia da provincia do deporte. Un compromiso que é extensible aos restantes concellos destas dúas comarcas e de toda a provincia, que o vindeiro ano veranse beneficiados do esforzo investidor de 128M€ que ten preparado a Deputación a través dos plans de cooperación +Provincia, Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e Plan Extra. “Esta é unha provincia de 61 concellos cos que estamos comprometidos en todo, con toda a forza da que dispoñemos”, concluíu o presidente Luis López. 

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14239165,"groupId":"37861","name":"plan_extra_pontevedra_portada.jpg","alt":"Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - Pontevedra","title":"plan_extra_pontevedra_portada.jpg","type":"document","uuid":"29639966-cba7-752f-4db8-32df3b9a914f","fileEntryId":"14239165","resourcePrimKey":"14239124"}

Luis López destaca os 5,4M€ mobilizados pola Deputación nos sete concellos da área de Pontevedra para executar proxectos estratéxicos que revitalizarán o espazo público

  16/12/2025

{"classPK":14118800,"groupId":"37861","name":"20250312_mondariz_rafaestevez_13.jpg","alt":"Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - Condado Paradanta","title":"20250312_mondariz_rafaestevez_13.jpg","type":"document","uuid":"0cd708f8-b248-3b7d-b6dd-cde60a823621","fileEntryId":"14118800","resourcePrimKey":"14118997"}

Luis López destaca os 7,2M€ mobilizados pola Deputación nos dez concellos das comarcas do Condado e A Paradanta para executar proxectos que revitalizarán o espazo público

  03/12/2025

{"classPK":14108072,"groupId":"37861","name":"20251201_luislopez_planextra_cangas_jphilippot_13.jpg","alt":"Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - O Morrazo","title":"20251201_luislopez_planextra_cangas_jphilippot_13.jpg","type":"document","uuid":"34d127ba-555b-1e4c-e2f2-60d89a9582be","fileEntryId":"14108072","resourcePrimKey":"14108119"}

Luis López destaca a pegada dos 5M€ da Deputación nos concellos do Morrazo para executar catro obras estratéxicas para revitalizar o espazo público

  01/12/2025