Luis López recibe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e téndelle a man da Deputación á colaboración co Concello en plans estratéxicos

O presidente provincial repasou coa rexedora os principais proxectos que o Goberno local quere executar neste mandato nunha reunión de traballo que tivo lugar no Pazo provincial

21/11/2023

Luis López y Nidia Arévalo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para coñecer o proxecto que a rexedora ten para o presente mandato e explorar vías de colaboración entre ambas as administracións para levar a cabo proxectos de interese mutuo.

Os dous dirixentes analizaron as necesidades do Concello de Mos en materia de infraestruturas deportivas, os plans para a humanización de diversas rúas e o apoio e programación de eventos culturais no municipio ao longo dos próximos anos.

Pola súa banda, o presidente Luis López reiterou a vontade da Deputación para escoitar as necesidades dos 61 concellos da provincia e colaborar naqueles proxectos que os gobernos locais consideran prioritarios. Neste sentido, recordou o mandatario provincial a aprobación do Orzamento da Deputación, que destina un de cada tres euros en apoio directo aos concellos e que inclúe o plan +Provincia, dotado con 48,2 millóns de euros e cunha nova liña deseñada para executar proxectos transformadores coma os presentados pola rexedora.