Luis López asiste en Ferrol á cerimonia de entrega das distincións ao mérito deportivo de Galicia

30/01/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este martes pola tarde á cerimonia de entrega das distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes ao ano 2023, celebrada no Teatro Jofre de Ferrol. No acto, ao que tamén asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente primeiro do Goberno autonómico, Diego Calvo, foron recoñecidas coa máxima condecoración do deporte a nivel autonómico 108 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos.

No caso da provincia de Pontevedra, recibiron esta distinción un total de 44 persoas relacionadas co deporte, así como o Club Balonmán Atlético Guardés e o proxecto DisCamino.