Os vicepresidentes da Deputación exploran vías de colaboración co Club Cisne Balonmano

16/08/2024

Encontro con membros da directiva do Club Cisne Balonmano

 

Os vicepresidentes da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, mantiveron este venres un encontro no Pazo provincial con membros da directiva do Club Cisne Balonmano. O obxectivo da reunión foi explorar posibles vías de colaboración entre a institución provincial e o club de cara á temporada 2024/2025 que disputará de novo na División de Honor Prata. Rafa Domínguez e Luisa Sánchez trasladáronlle ao equipo directivo do Cisne o compromiso do executivo provincial co deporte, un dos seus eixos para o actual mandato.