A Deputación adxudica por valor de preto de 240.000 euros a Entre Pontes Trail & Running, a nova gran experiencia deportiva da institución provincial

Trátase dun circuíto que contará con tres carreiras de 10 quilómetros e tres probas de trail de 14 quilómetros nas contornas de Vigo, O Salnés, Pontevedra, O Morrazo e Deza- Tabeirós

13/06/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por valor de preto de 240.000 euros a Entre Pontes Trail & Running, a nova gran experiencia deportiva deseñada pola institución provincial que terá lugar na contorna de Vigo, O Salnés, Pontevedra, O Morrazo e Deza-Tabeirós. Trátase dun circuíto que nesta primeira edición contará con seis xornadas, tres carreiras de 10 quilómetros e tres probas de trail de 14 quilómetros, que pretenden converterse nun programa de promoción deportiva e territorial.

En liñas xerais, as probas de running de 10 quilómetros terán lugar na contorna de Vigo, no Salnés e na zona de Pontevedra e o trail de 14 quilómetros en Deza-Tabeirós, Vigo e O Morrazo. Ademais, Entre Pontes Trail & Running vai máis alá da competición e pretende crear espazos de encontro e convivencia arredor do deporte. Deste xeito, cada unha das citas incluirá unha andaina popular, probas infantís e culminará cun servizo de restauración móbil mediante food truck que forma parte do bloque final de convivencia de cada xornada.

Entre Pontes Trail & Running nace coa vocación de converterse nun referente do deporte popular na provincia e de seguir facendo da provincia de Pontevedra un territorio activo, saudable e conectado a través do deporte. Está previsto que en cada xornada participen  800 persoas, con 500 nas probas principais, 150 nas andainas populares e outras 150 nas actividades infantís. 

Novas relacionadas

{"classPK":15992526,"groupId":"37861","name":"20260906_presentacion_deka_vigo_04.jpg","alt":"A Deputación apoia a celebración en Vigo do primeiro DEKA do noroeste peninsular, que prevé a participación de 1.200 deportistas","title":"20260906_presentacion_deka_vigo_04.jpg","type":"document","uuid":"5fee8112-9817-20de-c3e4-256fea338634","fileEntryId":"15992526","resourcePrimKey":"15992563"}

A Deputación apoia a celebración en Vigo do primeiro DEKA do noroeste peninsular, que prevé a participación de 1.200 deportistas

  09/06/2026

{"classPK":15918531,"groupId":"37861","name":"20260603_rafa_dominguez_200k_rias_baixas_mtb.jpg","alt":"Rafa Domínguez destaca a aposta da Deputación polo deporte e o turismo deportivo na presentación da 200k Rías Baixas MTB","title":"20260603_rafa_dominguez_200k_rias_baixas_mtb.jpg","type":"document","uuid":"82170c17-2bc7-08d8-143d-e0d090a5be2e","fileEntryId":"15918531","resourcePrimKey":"15918565"}

Rafa Domínguez destaca a aposta da Deputación polo deporte e o turismo deportivo na presentación da 200k Rías Baixas MTB

  03/06/2026

{"classPK":15886059,"groupId":"37861","name":"20260531_jorgecubela_javiertouris_muaythai_jphilippot_06.jpg","alt":"Imaxe da fachada da Deputación","title":"20260531_jorgecubela_javiertouris_muaythai_jphilippot_06.jpg","type":"document","uuid":"4afe140c-03fa-afd7-87f4-b7a9b6e9aa49","fileEntryId":"15886059","resourcePrimKey":"15885912"}

A Deputación de Pontevedra colabora coa II Velada Muay Thai Guerreiros da Terra de Montes, na que se darán cita o próximo sábado en Cerdedo Cotobade deportistas procedentes de España e Portugal

  31/05/2026