A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, entrega os premios das categorías elite e sub-23 do Gran Premio Cidade de Pontevedra

24/03/2024

Entrega de premios Gran Premio Cidade de Pontevedra

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e responsable de Deportes, Luisa Sánchez, participou esta tarde no peirao das Corbaceiras, en Pontevedra, na entrega de trofeos das categorías elite e sub-23 do Gran Premio Cidade de Pontevedra. A proba, que conta co apoio da institución provincial, reuniu máis de 400 participantes na súa cuarta edición. O premio xa se converteu nun dos grandes referentes das competicións nacionais de ciclismo en ruta feminino ao ser a terceira proba puntuable para a Copa de España Féminas.

Galerias de imaxes