A Deputación leva este domingo o ciclo +Escénicas a Cambados coa obra “Berenguela na gaiola”
O espectáculo de Galeatro tendrá lugar ás 18:00 horas no Auditorio da Xuventude da vila
04/03/2026
A Deputación de Pontevedra leva este domingo 8 de marzo o circuíto +Escénicas ao concello de Cambados cun espectáculo para público familiar, “Berenguela na gaiola”, de Galeatro. Trátanse dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.
O Auditorio da Xuventude de Cambados acollerá esta obra ás 18:00 horas, un espectáculo para público familiar dirixido por Paula Carballeira. A peza narra como tres anciás que viven nunha residencia da terceira idade deciden representar a través do teatro “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, de Manuel María, para poder ser libres e cambiar o seu mundo. As entradas poden adquirirse na billeteira de ataquilla.com.
Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril do pasado ano e este mes de marzo representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.
