Luisa Sánchez asiste ao acto de titulación dos técnicos superiores do Centro de Formación Profesional de Povisa
18/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao acto de titulación dos técnicos superiores do Centro de Formación Profesional Ribera Povisa, celebrado este xoves en Vigo. A cerimonia serviu para recoñecer aos estudantes que completaron a súa formación en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear e en Radioterapia e Dosimetría, especialidades que desempeñan un papel fundamental no sistema sanitario. Durante o acto púxose en valor a contribución destes novos titulados a ámbitos clave da atención médica, desde a diagnose ata os tratamentos oncolóxicos.



