Luis López participa nos actos de celebración do 170 anos de historia do “Faro de Vigo”

26/10/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou nos actos de celebración dos 170 anos de historia do xornal Faro de Vigo coa asistencia á inauguración da exposición sobre a traxectoria deste xornal na rúa Príncipe e na festa posterior que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo.

O mandatario provincial destaca a traxectoria deste xornal e o seu papel como referente informativo do xornalismo provincial