Luis López participa na presentación dos viños con denominación de orixe galega en Bruxelas no inicio dunha serie de reunións con dirixentes de institucións europeas

O mandatario provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, salienta o peso da Denominación de Orixe Rías Baixas como emblema do enoturismo na provincia e en Galicia

14/05/2025

Luis López participa na presentación dos viños con denominación de orixe galega en Bruxelas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participa na presentación dos viños con denominación de orixe galega no Parlamento Europeo como primeiro acto dunha rolda de encontros de traballo con representantes da Unión Europea que manterá ao longo de tres xornadas. Acompañado polo deputado de Fondos Europeos, Javier Tourís, o mandatario provincial saudou ao director da Fundación Galicia Europa, Jesús María Gamallo, co que abordou asuntos relacionados coa Unión Europea e os fondos comunitarios de relevancia para o conxunto da provincia. Esta estancia na capital da Unión Europea prolongarase ata o venres cunha axenda che de reunións de traballo, entre as que sobresae un encontro cos responsables da Comisión de Desarrollo Regional, así como outro con membros da Comisión Europea relacionados co programa Europe Direct.

Con motivo da presentación no Parlamemto de Galicia dos productos vinícolas con denominación de orixe galega, entre os que sobresae a Denominación de Orixe Rías Baixas, o mandatario provincial salientou o peso do enoturismo e dos viños producidos na provincia como uns dos máis destacados embaixadores dun destino turístico ligado ao territorio, sustentable e cunha oferta cultural diversa, desestacionalizada e descentralizada. Dentro da campaña de promoción de Turismo Rías Baixas, que busca poñer en valor o paraíso interior da provincia, as experiencias relacionadas co viño son un dos maiores atractivos para os visitantes.

Para o goberno provincial, a Unión Europea é un aliado estratéxico para avanzar na transformación e modernización da provincia. De feito, na páxina web institucional da Deputación de Pontevedra vense de estrear un espazo novo e específico para dar a coñecer os proxectos postos en marcha co apoio de fondos europeos. Unha sección na que os usuarios poden comprobar todos os detalles de preto de 40 proxectos de distinta índole, desde Cooperación cos gobernos locais, ata plans de dixitalización ou mellora da eficiencia enerxética, pasando por medidas para o Reto Demográfico ou a Acción Comunitaria entre outras.

"Europa importa e aporta. Así que queremos ter presenza alí, levar os nosos proxectos e enriquecernos con outras experiencias de éxito que se poden aplicar a provincia", explicou o presidente Luis López os motivos principais desta viaxe institucional.  

Novas relacionadas

{"classPK":13764635,"groupId":"37861","name":"20251014_javier-touris-europa-direct-bruxelas-1.jpeg","alt":"Javier Tourís","title":"20251014_javier-touris-europa-direct-bruxelas-1.jpeg","type":"document","uuid":"fa02fc71-cf1e-aac3-ee0c-37b24a5b0eb3","fileEntryId":"13764635","resourcePrimKey":"13764667"}

A Deputación solicita en Bruxelas a instalación dun Centro Europa Direct na provincia de Pontevedra

  14/10/2025

{"classPK":13149593,"groupId":"37861","name":"20250717_luislopez_segittur_enoturismo_jphilippot_09.jpg","alt":"Clausura Encontro Nacional de Enoturismo Lagar de Pintos Ribadumia Segittur","title":"20250717_luislopez_segittur_enoturismo_jphilippot_09.jpg","type":"document","uuid":"4b884e59-312d-1d70-823d-1b6198e88b1c","fileEntryId":"13149593","resourcePrimKey":"13149708"}

Luis López salienta a “valiosa oportunidade” que representa o enoturismo para construír un destino internacional, desestacionalizado e descentralizado

  17/07/2025

{"classPK":12851685,"groupId":"37861","name":"20250526_LuisLopez_DORiasBaixas_Restevez-1.jpg","alt":"Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Isidoro Serantes","title":"20250526_LuisLopez_DORiasBaixas_Restevez-1.jpg","type":"document","uuid":"4a3dca9f-1104-c211-7550-b0fafb577122","fileEntryId":"12851685","resourcePrimKey":"12851883"}

Luis López sinala o enoturismo como unha oportunidade para impulsar o turismo na provincia nun encontro cos responsables da denominación de orixe Rías Baixas

  26/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.