Luis López asiste en Ribeira á presentación da duodécima edición da categoría feminina de La Vuelta a España, que celebrará a súa primeira etapa nas Rías Baixas
09/03/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste no Concello de Ribeira ao acto de presentación da duodécima edición da categoría feminina de La Vuelta a España ao que tamén asistiron o deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña; e a deputada e alcaldesa de Marín, María Ramallo. A competición, unha das tres voltas máis importantes do ciclismo feminino, celebrarase do 3 ao 10 de maio coa provincia de Pontevedra como punto de partida cunha etapa entre Marín e Salvaterra de Miño. O patrocinio desta competición é unha nova mostra da aposta do goberno provincial polo deporte feminino e polo turismo deportivo.
