Luis López destaca a traxectoria centenaria do CD Estradense na presentación da nova tempada do club
07/09/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este luns no acto de presentación da nova tempada do Club Deportivo Estradense. Na Praza de Galicia da Estrada, o mandatario provincial saudou aos integrantes no primeiro equipo que este ano volverá loitar polo ascenso a Segunda RFEF despois de conseguir clasificarse para a fase de ascenso nas dúas últimas tempadas. Nun acto no que tamén participou o alcalde, Gonzalo Louzao; e seu antecesor e actual conselleiro de Cultura, José López Campos; o presidente provincial resaltou o peso que teñen equipos centenarios como o Estradense na “provincia do deporte”.