Luis López e Luisa Sánchez felicitan ás xogadoras do Celta polo seu ascenso á elite do baloncesto nacional

20/05/2026

Luis López e Luisa Sánchez felicitan ás xogadoras do Celta polo seu ascenso á elite do baloncesto nacional

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez felicitaron este mércores ás xogadoras, corpo técnico e directivos do Celta Femxa Zorka á Liga Feminina Endesa, a elite do baloncesto feminino nacional nunha recepción institucional ao equipo celebrada na Sede de Vigo da Deputación. O mandatario provincial puxo en valor o mérito do equipo nunha tempada histórica e o impulso que están a dar tanto ao deporte provincial como á visibilidade da muller no ámbito deportivo.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.