Luis López expón nun acto da FEMP en Avilés os avances da Deputación na xestión da auga e na transformación do espazo público para construír unha provincia saudable

01/10/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar nesta tarde de xoves na Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades Saudables, organismo dependente da FEMP, celebrada na cidade asturiana de Avilés. O mandatario provincial, que ostenta tamén o cargo de vicepresidente segundo deste organismo, aproveitou a súa comparecencia na apertura do acto para mencionar as iniciativas que está levando a cabo a Deputación para construír unha provincia máis saudable, entre as que sobresaen proxectos de transformación do espazo públicos executados en colaboración cos concellos e os programa +Aqua para mellorar a xestión deste recurso da man das comunidades de usuarios de auga.

Galerias de imaxes