Luis López visita xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a contorna de Mougás, en Oia, para comprobar os traballos de prevención de escorrentías tras os incendios

25/08/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visita o concello de Oia xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; a alcaldesa Cristina Correa e outros membros da Administración autonómica para comprobar os traballos de prevención de escorrentías na contorna de Mougás. Nunha das zona afectadas recentemente polos incendios forestais que se produciron na provincia, o mandatario provincial atendeu ás explicación do xefe provincial do Servizo de Incendios en Pontevedra, Manuel Francisco Gutiérrez, sobre os traballos a realizar para a prevención de posibles inundacións cando cheguen as choivas.

Galerias de imaxes