Luisa Sánchez defende o valor da imaxe como medio de divulgación da historia durante a presentación do libro ‘Álbum fotográfico. Vigo: 1936’
24/04/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves á presentación do libro ‘Álbum fotográfico. Vigo: 1936’ na sede do Instituto de Estudios Vigueses, unha obra que reúne unha ampla colección de imaxes históricas da cidade. A publicación ofrece un percorrido visual pola vida cotiá e a evolución urbana de Vigo a través de material gráfico de gran interese documental. Nesta liña, a representante provincial salientou a relevancia de iniciativas editoriais que permiten achegar o patrimonio fotográfico á cidadanía e destacou o papel destas obras na difusión da historia de Vigo.
