Luisa Sánchez asiste á estrea do videopodcast sobre desigualdade social “Somos acubillo”

15/05/2025

Luisa Sánchez asiste á estrea do videopodcast sobre desigualdade social Somos acubillo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves á estrea do videopodcast "Somos acubillo", unha iniciativa da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) na que persoas en exclusión grave tanto social como económica falarán sobre desigualdade social. O acto tivo lugar no CIFP Audiovisual de Vigo e o obxectivo desta iniciativa é amosar como a desigualdade impacta no día a día das persoas, tanto migrantes como nativas, en cuestións como a burocracia, o acceso ao emprego e á vivenda ou a súa saúde mental. Segundo o último informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social en España, o 25,5% da poboación galega atópase en risco de pobreza e exclusión social.