Luisa Sánchez celebra o Domingo de Ramos xunto a centos de fieis na misa e procesión da Borriquita en Vigo

29/03/2026

Luisa Sánchez celebra o Domingo de Ramos xunto a centos de fieis na misa e procesión da Borriquita en Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este Domingo de Ramos en Vigo á misa da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén, celebrada na Igrexa de María Auxiliadora, e á posterior procesión da Borriquita. A representante provincial participou, xunto a centos de fiesis, nun dos actos máis emblemáticos do inicio da Semana Santa viguesa. A procesión saíu do mesmo templo e encheu o centro da cidade de familias con palmas e oliveiras para rematar na igrexa de Santiago O Maior tras o seu paso pola Porta do Sol, onde se realizou a tradicional bendición. A xornada estivo marcada polo ambiente solemne e a alta participación cidadá.