Luisa Sánchez celebra a visita do Circuíto 3x3 Caixabank a Vigo como unha oportunidade de sacar o deporte á rúa

04/05/2026

Luisa Sánchez celebra a visita do Circuíto 3x3 Caixabank a Vigo como unha oportunidade de sacar o deporte á rúa

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, destacou este luns a importancia de que Vigo sexa unha das sedes do Circuíto 3x3 Caixabank 2026. O evento fará parada no peirao olívico o próximo 16 de maio dentro da ruta nacional que completará por once urbes españolas entre os meses de abril e outubro. Durante a presentación do evento, a representante provincial reivindicou a cita como unha oportunidade de devolver o baloncesto á rúa, que foi “onde naceron a maioría dos deportes”. Así mesmo, puxo en valor o carácter dinámico do formato 3x3, “adaptado aos novos tempos” e convertido en disciplina olímpica. Por último, salientou a vertente solidaria do circuíto, que promove valores como a igualdade, a inclusión e a solidariedade.

Galerias de imaxes