Luisa Sánchez pon en valor o compromiso das confrarías relixiosas por manter vivas as tradicións da Semana Santa

14/03/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado ao acto de Exaltación da Semana Santa organizado pola Confraría do Silencio de Vigo na Igrexa das Irmás Trinitarias. Un encontro no que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. A representante provincial destacou a importancia de manter vivas as tradicións relixiosas grazas ao compromiso das confrarías e das persoas voluntarias que colaboran con elas. A cita concluíu cunha actuación do baixista Jorge Enrique Pazó e a pianista Helena Fernández, que puxeron o broche final a unha xornada marcada polo recollemento e pola preparación espiritual ante a chegada da Semana Santa.

Galerias de imaxes