Luisa Sánchez reivindica en Vigo o papel da provincia de Pontevedra como referente do balonmán feminino

04/09/2026

Luisa Sánchez reivindica en Vigo o papel da provincia de Pontevedra como referente do balonmán feminino

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou en Vigo na Gala do Balonmán Feminino, un encontro que reuniu ás principais protagonistas deste deporte e que serviu para recoñecer o seu traballo e éxitos. Durante a súa intervención, Luisa Sánchez puxo en valor a especial relación da provincia de Pontevedra co balonmán feminino e salientou o papel de clubs como o Atlético Guardés, vixente campión da European Cup, e o Balonmán Porriño, subcampión da mesma competición na pasada tempada. Igualmente, subliñou a aposta da Deputación por achegar grandes eventos de balonmán á provincia como a Supercopa de España feminina, que se disputa este sábado no Ifevi, ou partidos oficiais da selección española feminina.