Luisa Sánchez anima á cidade a “reivindicar o noso patrimonio forestal” participando no Trail Montes de Vigo
01/10/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, animou á cidade a "reivindicar o noso patrimonio forestal" participando no Trail Montes de Vigo, que celebrará a súa novena edición o próximo 12 de outubro con inicio e meta en Beade. A representante provincial destacou o apoio que brinda a Deputación a este evento, que excede a súa vertente deportiva para sensibilizar sobre a importancia de coidar o monte periurbano vigués.
"En Vigo sempre presumimos da nosa ría e das Illas Cíes e a veces esquecemos o valor do noso monte e a sorte que temos de vivir nunha cidade que pode mirar cara o mar e cara o monte", indicou este mércores durante a presentación do trail, puntuable para a Pontevedra Trail League.
