Luisa Sánchez e Paula Bouzós visitan Proxecto Home en Vigo para coñecer o programa especializado Acougo

08/07/2026

Luisa Sánchez e Paula Bouzós visitan Proxecto Home en Vigo para coñecer o programa especializado Acougo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e a deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, visitaron as instalacións de Proxecto Home en Vigo para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a entidade e, de xeito especial, o programa Acougo, un recurso especializado na atención a persoas con adiccións que presentan tamén problemas de saúde mental asociados. As responsables provinciais, que foron agasalladas cunhas pezas do taller de cerámica do Centro de Patoloxía Dual Acougo, mantiveron un encontro cos beneficiarios e co equipo da entidade para afondar no funcionamento desta iniciativa única en España. Luisa Sánchez lembrou ademais a colaboración que a Deputación mantén con Proxecto Home para promover o programa integral de atención a consumidores de psicoestimulantes, unha cooperación que se vén desenvolvendo durante a última década.

Galerias de imaxes