Luisa Sánchez inaugura no porto de Vigo o ‘village’ de La Solitaire du Figaro, con catro días de actividades de acceso libre para toda a cidade

21/05/2026

Luisa Sánchez inaugura no porto de Vigo o ‘village’ de La Solitaire du Figaro, con catro días de actividades de acceso libre para toda a cidade

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, inaugurou este xoves no porto de Vigo o ‘village’ da prestixiosa regata internacional La Solitaire du Figaro en compañía do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a delegada da Xunta de Vigo, Ana Ortiz; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana; a directora de La Solitaire du Figaro, Philippine Collod; e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama. A representante provincial cortou a cinta para simbolizar a apertura deste espazo aberto á cidadanía, que albergará diferentes actividades de acceso libre como actuacións musicais, xogos, obradoiros ou exposicións. Igualmente, acolle varias foodtrucks, entre elas a furgoneta 'Sabor das Rías Baixas' da Deputación de Pontevedra. Luisa Sánchez convidou a toda a cidade a gozar desta oferta paralela á competición, que permanecerá dispoñible ata o domingo, cando a flota dea inicio á segunda etapa desta proba oceánica de monotipos.

Galerias de imaxes

audios