Luisa Sánchez participa na presentación da XIX edición da Festa do Marisco organizada por ACOPEVI
13/08/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves na presentación da XIX edición da Festa do Marisco realizada na sala de conferencias do Porto Pesqueiro de Vigo. Sánchez puxo en valor a recuperación desta celebración o ano pasado por parte de ACOPEVI, a Asociación de Comercializadores de Pescado y Marisco de Vigo, e o labor da asociación para conseguir devolverlle a Vigo unha festa gastronómica de primeiro nivel. “Grazas polo voso esforzo e por ofrecernos unha das citas máis destacadas para a nosa cidade”, sinalou a vicepresidenta.
Luisa Sánchez, que lembrou que esta festa terá lugar en dos etapas, do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro, recalcou que estas xornadas non só son parte da exaltación das nosas tradicións, “senón que tamén son unha reivindicación, do Berbés como a orixe real de Vigo, e tamén da nosa forma de celebrar, socializar e gozar ao redor dunha mesa”. A vicepresidenta provincial non quixo deixar pasar a oportunidade de lembrar a ACOPEVI que desde a Deputación “apoiaranse sempre as nosas tradicións e o noso produto, que levamos por todo o mundo con orgullo”.
