A Deputación destina 150.000 euros á mellora do firme na estrada provincial EP-1003 Rodeira-A Boubeta, en Cangas

A actuación desenvolverase nun tramo de 600 metros e inclúe a reposición da capa de rodaxe e a reposición da sinalización horizontal afectada polas mesmas

02/05/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para adxudicar as obras de reposición de firmes na estrada provincial EP-1004 Rodeira-A Boubeta, unha actuación que conta cun orzamento próximo aos 150.000 euros. “Seguimos destinando recursos para manter en bo estado as estradas provinciais, garantir a seguridade dos nosos veciños e veciñas e mellorar, deste xeito, a súa calidade de vida”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

No caso de Cangas, a actuación desenvolverase nun tramo de 600 metros desta estrada provincial e ten como obxectivo repoñer o firme para salvagardar a debida prestación do servizo público viario e mellorar a seguridade viaria nesta zona.

Deste xeito as obras inclúen a reposición da capa de rodaxe e da sinalización horizontal afectada polas mesmas, mediante o pintado das bandas lonxitudinais de borde de carril e separación de carrís. Tamén se reporá a simboloxía e cebreados.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.