A Deputación garda un minuto de silencio en sinal de dó e apoio ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
29/10/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado por membros do goberno provincial e traballadores da Deputación, presidiu o minuto de silencio convocado pola institución provincial en sinal de dó e solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario que tivo lugar este mércores no municipio de Urda, en Toledo.

