A Deputación leva este sábado un concerto de Sheila Patricia a Ribadumia no marco do programa provincial +Música

A actuación terá lugar na Praza do Concello ás 13:00 horas e enmárcase neste programa provincial que está dotado con 700.000 euros para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

18/06/2026

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 20 de xuño un concerto de Sheila Patricia a Ribadumia enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial para apoiar a programación cultural nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Praza do Concello ás 13:00 horas.

O canto tradicional de Sheila Patricia demostra a riqueza don son galego mesturado con diversas formas de música electrónica, desde sofisticadas bases minimalistas ata explosións polirítimicas ultramodernas. A súa música está influenciada polas innumerables viaxes que realizou a América Latina. A artista presentará en Ribadumia un proxecto orientado a unha audiencia máis xuvenil, con música fresca e vibrante combinada cunha mensaxe empoderadora, sen perder a conexión cos seus seguidores.

Este concerto é unha das 93 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro en 58 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa ten un orzamento de 700.000 euros, cos que o organismo provincial aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade por toda a xeografía provincial.