O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro un grupo de alumnos do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do CFEA de Lourizán

13/05/2024

O deputado provincial de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, recibiu nas instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro un grupo de alumnos do primeiro curso do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do CFEA de Lourizán (Pontevedra). Na visita, Tourís puxo en valor o traballo que se está a desenvolver neste “centro de investigación punteiro da Deputación de Pontevedra que poñemos á disposición de todas as persoas que traballan nos sectores agrícola, forestal e natural da nosa provincia”.

Deste xeito, o deputado provincial recordou que o persoal técnico de Areeiro traballa, entre outras cuestións, para recoñecer pragas e enfermidades dos cultivos e facilitar a execución de medidas para combater as doenzas que afectan ás especies vexetais. Ademais, o deputado delegado do centro investigador aproveitou para poñer en valor o recente nomeamento dos seus xardíns como un dos puntos que integran a Ruta dos Xardíns da Camelia promovida pola Xunta de Galicia.

Noticias relacionadas

{"groupId":"37861","alt":"Visita a Areeiro","name":"20240723_javier-touris_visita-areeiro-1.jpg","title":"20240723_javier-touris_visita-areeiro-1.jpg","type":"document","uuid":"162bad70-7f45-e778-5911-5a4fa7c5ca0b","fileEntryId":"10427301","resourcePrimKey":"10426567"}

O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro á Asociación de Familiares e Enfermos de alzhéimer e outras demencias de Pontevedra

  23/07/2024

{"classPK":8636813,"groupId":"37861","name":"20240606_javier-touris-recibe-profesorado-francia.jpg","alt":"Tourís co profesorado de Francia","title":"20240606_javier-touris-recibe-profesorado-francia.jpg","type":"document","uuid":"72cd18a5-0fd9-e5d1-bf0b-31f3f2f0f0f8","fileEntryId":"8636813","resourcePrimKey":"8636839"}

A Deputación avanza para situar a Estación Fitopatolóxica de Areeiro como referente internacional para os sectores agrícola, forestal e natural

  06/06/2024

{"classPK":8489829,"groupId":"37861","name":"20240509_javier_touris_visita-lourizan-areeiro-1.jpg","alt":"Javier Tourís recibe en Areeiro a un grupo de alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA de Lourizán","title":"20240509_javier_touris_visita-lourizan-areeiro-1.jpg","type":"document","uuid":"4d03bcad-2383-549f-8aaf-2b7bc1f7673b","fileEntryId":"8489829","resourcePrimKey":"8489897"}

O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro a un grupo de alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA de Lourizán

  09/05/2024