O deputado provincial Jorge Cubela participa na presentación da Operación Centinela 2023

28/07/2023

O programa de prevención de incendios forestais en Galicia froito da colaboración entre o Ministerio de Defensa, a través da Brigada “Galicia VII” – BRILAT, e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. No acto, no que participaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o conselleiro de Medio Rural, José González, e o xeneral xefe da BRILAT, Alfonso Pardo Santayana, o capitán xefe da Área debullou as novidades da operación este ano, que se despregará a partir do vindeiro 15 de agosto.