Luisa Sánchez participa na inauguración do XIV Congreso Internacional Conxemar FAO-MAPA
05/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na inauguración do XIV Congreso Internacional Conxemar FAO-MAPA, celebrada na sede de Afundación en Vigo, un encontro de referencia internacional para o sector dos produtos do mar que reunirá durante esta semana a expertos, representantes institucionais e profesionais para analizar os principais retos e oportunidades da industria. Baixo o lema ‘Smart blue leadership. Eficiencia, intelixencia e estándares globais para unha industria comprometida’, o congreso abordará cuestións como o comercio internacional, a intelixencia artificial, a trazabilidade dixital, as novas tendencias de consumo, a economía azul e a innovación. Luisa Sánchez recalcou o compromiso da Deputación de Pontevedra cun sector estratéxico para Vigo e a provincia polo seu peso económico e a súa proxección internacional.